domingo, 6 de julio de 2014

PLAY. O Lola. Cavallería Rusticana. Mascagni.

Turiddu, antes de alistarse no exército promete volver e casar con Lola, pero ao seu regreso atópaa casada con outro home (Alfio). Por despecho, o soldado retornado, seduce a Santuzza o que volve tola de celos a Lola. Sen poder reprimir o seu amor Turiddu e Lola manteñen en secreto unha relación adúltera.



Oh, Lola, que tes a camisa branca
como o leite e vermella coma a cereixa,
cando te asomas es toda sorrisos,
beato o que che dou o primeiro bico!
Ante a túa porta hai sangue esparexido,
pero pouco me importa se alí morro.
E se morro e vou ao paraíso,
se non te atopo alí, eu non entro.




lunes, 19 de mayo de 2014

PLAY. Romanza da Duquesa. Xogar con Lume. Barbieri.

Leonor, a duquesa, dándose conta de que o que sinte realmente por Félix é amor, decide sacalo do manicomio no que se atopa pola súa culpa.


Un tempo foi que na doce calma,
 libre de máxica ilusión,
nin se axitaba inquieta a alma,
nin palpitaba o corazón.
Cuán presto, aí! mísera!
cuán presto fuxiu!
como un lóstrego
desapareceu.

Tirano amor, rapaz vendado
vingouse ao fin como deidade;
dos meus desdéns irritado,
prostrou aos seus pés a miña vaidade.
Ti das miñas bágoas
único autor,
salva a túa vítima
tirano amor!

lunes, 10 de marzo de 2014

PLAY. Stride la Vampa. Il Trovatore. G. Verdi.


Azucena,  sentada  preto  do  lume,  recorda cando a súa nai foi queimada na fogueira ao ser inxustamente acusada polo conde de enmeigar ao seu fillo. Na súa cabeza retumba a súa última vontade antes de morrer: "víngame, víngame".



Flamexan as chamas!
A multitude indómita
corre cara o lume!
Con alegre rostro,
alaridos de gozo
por onde queira se escoitan.
Rodeada de esbirros
unha muller avanza.


Sinistra ilumina
os seus rostros horribles,
a tétrica chama
que se alza ao ceo.


Flamexan as chamas!
Chega a vítima de negro vestida,
descinguida e descalza.
Berro feroz de morte elévase.
O eco repíteo de roca en roca.


Sinistra ilumina
os seus rostros horribles,
a tétrica chama
que se alza ao ceo.



domingo, 16 de febrero de 2014

PLAY. Voi che sapete.  Las Bodas de Fígaro. W.A. Mozart.

Susana convence a Cherubino para que lle cante á condesa, da que está perdidamente namorado, a canción que lle escribiu.

Vós que sabedes
que cousa é o amor,
mulleres, decídeme
se eu o teño no corazón.
Aquilo que eu sinto
direivos,
é para min novo,
comprendelo non sei.
Sinto un afecto
cheo de desexo
que ora é pracer,
ora é martirio.
Xíome e despois sinto
a alma inflamar
e nun momento
vólvome xear.
Busco un ben
fóra de min,
non sei quen o ten,
non sei que é.
Suspiro e xemo
sen querer,
palpito e tremo
sen saber
non atopo a paz
nin de noite, nin de día
e sen embargo gústame
languidecer así.
Vós que sabedes
que cousa é o amor,
mulleres, decídeme
se eu o teño no corazón.






domingo, 12 de enero de 2014


PLAY. O Rei Thule. Canción gótica. A Condenación de Fausto. H. Berlioz

Margarita entra na súa habitación cunha lámpada na man. Algo a inquieta. Recorda o soño que tivo a noite anterior, no que ve ao seu futuro amor e a felicidade que os rodea. Mentres se peitea canta.

Houbo unha vez un rei de Thule
que foi fiel ata a tumba
e ao morrer a súa amada
recibiu unha copa de ouro cicelada.
Aínda nas festas máis alegres
nunca abandonou a copa
e sempre, ante a súa vista,
unha bágoa humedecía os seus ollos.
Este príncipe, ao final da súa vida,
legou as súas vilas e os seus ouros,
excepto a querida copa
que aínda conservaba na man.
Na mesa real,
no centro da antiga sala
dun castelo bañado polo mar,
fixo sentar aos baróns e aos seus pares.
Un bebedor levantouse e avanzou,
xunto a un vello balcón dourado.
Bebeu e, repentinamente,
a súa man lanzou á auga o vaso sagrado.
O vaso caeu, a auga burbullou,
e despois calmouse moi pronto.
O vello palideceu e tremeu.
Dende entón nunca máis bebeu.

lunes, 21 de octubre de 2013


PLAY. Se il mio nome.  O barbeiro de Sevilla. Rossini.

Fígaro convence ao namorado Lindoro (Conde de Almaviva) de que a mellor forma de facerlle saber a Rosina o que sinte é cantando. Cando a ven, a través da celosía, ofrécelle unha guitarra ao conde e este comeza a cantar...


Se queredes saber o meu nome,
dos meus beizos
o meu nome escoitade.
Eu son Lindoro que fiel vos adora,
que como esposa vos desexa,
que polo voso nome vos chama.
Que non fai máis que
falar de vostede
dende a aurora
ata o ocaso do día.
[...]
O amoroso e sincero Lindoro
non pode darvos,
amada miña, un tesouro.
Non son rico,
pero un corazón douvos,
unha alma amante,
que fiel e constante,
por vos soa suspira,
dende a aurora
ata o ocaso do día.


Pero alguén colle a Rosina polas costas e a obriga a retirarse pechando o balcón.




martes, 11 de junio de 2013

PLAY. Un bel di vedremo.   Madame Butterfly. Puccini

Unha geisha de Nagasaki (Cio-Cio-San, tamén coñecida como Butterfly debido a súa fraxilidade) namórase perdidamente dun oficial da mariña americana (Pinkerton) que, aproveitando unha lei xaponesa que lle permite anular  a voda só con dar o vínculo por roto, cásase con ela. Repudiada pola súa familia e abandonada polo seu marido, a pesar de que a súa criada Suzuki intenta convencela de que non volverá, ela mantén a esperanza e canta:

Un fermoso día veremos
elevarse un fío de fume
polos extremos confíns do mar
e, ao fin, o barco aparecerá.
E esa nave branca,
ao entrar ao porto,
retumbará cun saúdo.
Podes velo? Achégase.
Pero non vou ao seu encontro, non o fago.
Quedo na cima do outeiro e espero ...
e espero.

Espero largo tempo ...
e non me importa a longa espera.
e ao saír da cidade, chea de xente,
un home, un punto no horizonte,
alcanza a verse nas faldras das colinas.
Quen será? Quen será?
E que dirá cando chegue?
Que dirá? Que dirá?
Chamará á súa "butterfly" dende o lonxe!
E eu, sen responder,
mantereime escondida,
un pouco por recato
e un pouco por non morrer
ao encontralo!
E mentres tanto el dirame:
"pequena esposa, aroma de laranxas!",
o nome que me daba cando viña.

Todo isto pasará, prométocho!
Por favor, xa non temas.
Eu, con fe segura...
espéroo!


martes, 26 de marzo de 2013

PLAY. A Raíña da Noite. A frauta máxica. W.A. Mozart.


A Raíña da Noite, chea de ira, expresa a  súa decepción porque o  príncipe Tamino púxose do lado do gran sacerdote Sarastro (Señor da Luz). Traizoada e enfurecida obriga a Pamina, a súa filla, a asasinar a este último, ameazándoa con abandonala para sempre se non o fai. Fóra de si, dálle un coitelo e desaparece.


A vinganza do inferno ferve no meu corazón!
A morte e a desesperación...
a morte e a desesperación arden ao meu redor!

Se, pola túa man, Sarastro non sinte as dores da morte...
Sarastro non sinte as dores da morte
nunca máis serás a miña filla!
Nunca máis serás a miña filla!

Nunca máis serás a miña filla!
Nunca máis serás a miña filla!

Repudiada serás por toda a eternidade!
Abandonada serás por toda a eternidade!
Destruídos quedarán todos os lazos da natureza!
Repudiada!
Abandonada!
Destruídos quedarán todos os lazos da natureza!
Tódolos lazos!
Tódolos lazos da natureza!
Se Sarastro non expira pola túa man.

Escoitade, Deuses da vinganza!
Escoitade o xuramento dunha nai!



miércoles, 20 de marzo de 2013

PLAY. Ave María.  Otello. G. Verdi

Desdémona reza o Ave María antes deitarse a durmir. Máis tarde entra Otelo, que a bica, a esperta e  pregúntalle se xa fixo as súas oracións. Trae unha espada na man e acúsaa de amar a Casio. Ela négao e roga piedade, pero Otelo, tolo de celos, acaba estrangulándoa.

Ave María, chea de graza,
bendita ti sexas entre esposas e virxes
e bendito o froito, oh bendita,
do teu ventre materno, Xesús.
Roga polos que adorándote ante ti se prostran,
roga polo pecador e polo inocente,
polo débil oprimido e polo forte
que tamén é desgraciado,
mostra a túa piedade.
Roga por cantos inclinan a súa cabeza
á infamia e ao ultraxe.
Roga por nós sempre
e na hora da nosa morte.
Roga por nós.
Roga por nós.
Roga.

Ave María!...
Na hora da nosa morte...
Ave... Amén.


martes, 19 de marzo de 2013

PLAY. La mamma morta. Andrea Chénier. U. Giordano.

Madalena pide morrer co seu amado, o poeta Andrea Chénier, condenado a morte. Para elo suplantará a unha moza, tamén destinada á guillotina. Nada consigue librar deste triste fin aos amantes, que se unen para enfrontar xuntos a morte terreal do seu amor, pero non a transcendental.


Mataron á miña nai na porta do meu cuarto.
Morría e salvábame!
Despois, de madrugada, eu vagaba con Bersi
cando, de pronto, un brillo lívido pestanexaba
e iluminaba diante de min a rúa escura.
Miro. Ardía a miña casa!


E así quedei soa! E ao redor a nada!

Fame e miseria! A necesidade, o perigo!
Caín enferma e Bersi, boa e pura,
da súa beleza fixo negocio. Un contrato por min!
Levo a amargura a todo o que me quere ben.
Foi naquela dor que a min veu o amor.
Voz chea de harmonía e di:
Sigue vivindo! Eu son a vida!
Nos meus ollos está o teu ceo!
Ti non estás soa! As túas bágoas enxugo!
Estou no teu camiño e son o teu soporte!
Sorrí e espera! Eu son o amor!
É todo o demais sangue e lodo?
Eu son divino. Eu son o esquecemento.
Eu son o deus que baixa ao mundo do empíreo
e fai da terra un paraíso.
Ah, eu son o amor, o amor, o amor...!

E o anxo achégase, bícame.
E é o bico da morte.
O meu corpo é de moribunda,
conque: tómao.
Eu son xa unha cousa morta.














lunes, 18 de marzo de 2013


PLAY. O mio babbino caro. Gianni Schicchi. G. Puccini.

Lauretta suplícalle ao seu pai  que intente arranxar a  mala relación entre a súa familia e a do seu amado, Rinuccio, para así poder casar.



Oh, meu papaíño querido,
gústame, é belo, belo.
Irei á Porta Rossa
a comprar o anel!
Si, si, alí quero ir!
E se o amase en vano,
iría á Ponte Vecchio
pero para arroxarme ao Arno!
Angústiome, atorméntome!
Oh Deus, quixera morrer!
Papá, piedade, piedade!
Papá, piedade, piedade!



domingo, 17 de marzo de 2013


PLAY. Casta Diva. Norma.  V. Bellini.

Os druídas dan a benvida a Norma, a cal anuncia profeticamente a caída de Roma. Despois corta unha rama de visgo sagrado e dirixe a súa pregaria á lúa.


Casta diva,
que co teu esplendor de prata iluminas estes antigos e sagrados bosques.
Volve cara nós a túa fermosa cara sen nube e sen veo.
Tempera, oh deusa, tempera estes ardentes corazóns.
Tempera o seu celo audaz
e a paz que no ceo fas reinar derrama sobre a terra.








sábado, 16 de marzo de 2013

PLAY.Unha furtiva lágrima.  L'elixir d'amore. G. Donizetti


Nemorino comprou un elixir a un charlatán pensando que con el conquistaría o corazón de Adina. Sen embargo, parece non causar efecto e a moza anuncia o seu compromiso con outro pretendente. Desesperado e sen cartos suficientes para outra dose de elixir, decide enrolarse na mariña.


Unha furtiva bágoa
nos seus ollos brotou.
A aquelas alegres mozas,
ela, envexar pareceu.
Que máis buscando vou?
Que máis buscando vou?

Ámame, si, ámame, véxoo, véxoo.

Un só instante os latexos do seu fermoso corazón sentir!
Os meus suspiros confundir case co seu suspirar!

Os latexos, os latexos sentir.
Confundir os meus cos seus supiros.
Ceos... si podo morrer...
Máis eu non pido, non pido...
Si podo morrer...
Si podo morrer de amor!

viernes, 15 de marzo de 2013

 PLAY. Nessun dorma. Turandot. G. Puccini.

A princesa Turandot casarase con aquel home que resolva as tres adiviñas.
Un príncipe tártaro, que só con vela se namora perdidamente, accede a pasar todas as probas, a pesares de ser avisado da crueldade da princesa.
O enigmático namorado resolve os tres misterios, polo que a princesa chora amargamente intentando que o seu pai non a entregue ao príncipe. Pero non hai volta atrás: un trato é un trato.
O nobre cabaleiro accede a liberala do seu compromiso se antes do amencer adiviña o seu nome.
Turandot, entón, prohibe durmir a todo o mundo, ata que apareza alguén que desvele o nome do seu prometido.


El mentres tanto canta:                                                    

Que ninguén durma!
Que ninguén durma!
Ti tamén princesa,
na túa fría estancia
mira as estrelas que temblan
de amor e de esperanza!
Mais o meu misterio

encérrase en min,
o meu nome ningúen saberá!
Non, non, sobre a túa boca direino
cando resplandeza a luz!
O meu bico desfará
o silencio que te fai miña!

martes, 1 de enero de 2013


PLAY. Un día feliz, lixeira... A Traviata. Verdi.


Alfredo recrimina a Violeta o tipo de vida que leva, pero inevitablemente remata declarándolle o seu amor. Ela ríse del porque non acaba de creelo. 

Alfredo:

Un día feliz, lixeira,
pasou xunto a min
e dende ese día
eu ameina sen saber
deste amor que é o latido
do universo enteiro,
misterioso e nobre,
cruz e delicia para o corazón.

Violeta:

Se é verdade marche.
Só podo ofrecerlle unha amizade pura.
Eu non sei amar e non podo aceptar
o seu heroico amor.
Son franca e sincera;
debe buscar a outra.
Para entonces, non vos será difícil esquecerme.